No castro de Trelle hai duas minas, unha de ouro e outra de alcatrán. O que atopa a mina de ouro faise rico; o que atopa o de alcatrán, senon morre abrasado polo seu lume, será pàra sempre desgraciado e sempre levara a desgracia os seus parentes ou achegados.
Dunha vez un rapaz de SABUCEDO, que andaba a gardar o gando, rañou cunha coitela unha peneda que hai no castro. Así que o fixo, puxose diante un xigante moi grandísimo, con ollos de boi, que lle contou que na fonte mais preto da cerca había acubillados unha cabra e máis un cabrito de ouro.

Barbadás, OURENSE
No hay comentarios:
Publicar un comentario