No castro de SOUTEILIÑO sacan as mouras a asoellar o millo, e nementres terman del pentéanse cos seus peites. Cadrou dunha vez que pasara por alí un porco que foi meter o fociño no soalleiro e entón unha moura para tornalo guindoulle cun peite que lle prendeu nas serdas.
O Irixo, OURENSE
No hay comentarios:
Publicar un comentario